Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Mateo 3 - Biblia SEPT


PREPARACIÓN DA PREDICACIÓN DE XESÚS Xoán Bautista (Mc 1, 2-8; Lc 3, 1-18)

1 Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando:

2 Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.

3 El era de quen dixera o profeta Isaías: Unha voz clama no deserto: Preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros.

4 Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro no van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.

5 Ía onda el xente de Xerusalén, de toda Xudea e mais da banda do Xordán.

6 Confesaban os seus pecados e el bautizábaos no Xordán.

7 Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles: Raza de víboras! Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar?

8 Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión,

9 e non vos fagades ilusións dicindo entre vós: "Somos fillos de Abraham", porque vos aseguro que Deus pode sacar fillos de Abraham mesmo destas pedras.

10 Xa está a machada posta contra a raíz das árbores, e toda árbore que non dea froito cortarase e botarase ó lume.

11 Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume.

12 Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e na hucha recoller o trigo; e ha queimar a palla nun lume que nunca se apaga.


Bautismo de Xesús (Mc 1, 9-11; Lc 3, 21-22)

13 Entón apareceu Xesús, que viña desde Galilea ó Xordán, para que Xoán o bautizase.

14 Xoán trataba de impedilo dicindo: Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a min?

15 Xesús respondeulle: Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus. Xoán accedeu.

16 Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del.

17 E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.

Lean sinn:



Sanasan