Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Mateo 1 - Biblia SEPT


NACEMENTO E INFANCIA DE XESÚS Xenealoxía de Xesús (Lc 3, 23-38)

1 Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham.

2 Abraham xerou a Isaac. Isaac xerou a Xacob. Xacob xerou a Xudá e mais os seus irmáns.

3 Xudá, de Tamar, xerou a Peres e mais a Zarán. Peres xerou a Esrón. Esrón xerou a Arán.

4 Arán xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Naasón. Naasón xerou a Salmón.

5 Salmón, de Rahab, xerou a Booz. Booz, de Rut, xerou a Obed. Obed xerou a Iexé.

6 Iexé xerou ó rei David. David, da que foi muller de Urías, xerou a Salomón.

7 Salomón xerou a Roboam. Roboam xerou a Abías. Abías xerou a Asá.

8 Asá xerou a Ioxafat. Ioxafat xerou a Ioram. Ioram xerou a Ozías.

9 Ozías xerou a Ioatán. Ioatán xerou a Acaz. Acaz xerou a Ezequías.

10 Ezequías xerou a Menaxés. Menaxés xerou a Amón. Amón xerou a Ioxías.

11 Ioxías xerou a Ieconías e mais os seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia.

12 Despois da deportación a Babilonia, Ieconías xerou a Xealtiel. Xealtiel xerou a Zerubabel.

13 Zerubabel xerou a Abiud. Abiud xerou a Eliaquim. Eliaquim xerou a Asor.

14 Asor xerou a Sadoc. Sadoc xerou a Aquim. Aquim xerou a Eliud.

15 Eliud xerou a Elazar. Elazar xerou a Matán. Matán xerou a Xacob.

16 Xacob xerou a Xosé, esposo de María, da que naceu Xesús, chamado Cristo.

17 Foron, logo, catorce as xeracións desde Abraham ata David, catorce tamén desde David ata a deportación de Babilonia, e catorce desde a deportación de Babilonia ata Cristo.


Nacemento de Xesús (Lc 1, 27-35; 2, 1-7)

18 O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo.

19 Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente.

20 Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo.

21 Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.

22 Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:

23 Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir "Deus connosco").

24 Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo a súa prometida;

25 e sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús.

Lean sinn:



Sanasan