Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -


XOB - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 26 - Biblia SEPT


Xob

1 Deu Xob a súa resposta:

2 —"Como poderás ti axudar ó feble, ou salvar os de brazos sen forzas?

3 Como é que aconsellas ós que non saben e lles mostras como van ter sorte en todo?

4 Quen che axudou a compor estas razóns? De quen é a inspiración que sae de ti?

5 Mesmo as ánimas tremen diante del por embaixo das augas e dos seus habitantes;

6 fica espido diante del o Xeol, non hai cuberta para o antro da Perdición.

7 El tendeu o Norte sobre o Baldeiro e pendurou a terra sobre a nada;

8 pechou cun atado a auga nas nubes, e non se racha con elas o nubeiro;

9 logo encubriu a face do luar botándolle por riba unha nube;

10 gravou o horizonte sobre as augas na fronteira entre a luz e as tebras;

11 Abanean os piares do ceo espantados diante do seu berro;

12 coa súa forza alporizou ó mar, coa súa habilidade destruíu a Rahab;

13 co seu vento varreu o ceo, coa súa man feriu a serpe fuxidía.

14 E isto non é máis cá ladeira do seu poder. Só é un pequeno murmurio o que del oímos. Quen entenderá o trebón do seu poder?"

Lean sinn:



Sanasan