XOB - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 25 - Biblia SEPTBildad 1 Díxolle entón Bildad o xuhita: 2 —"O seu dominio é arrepiante, El é quen mantén a harmonía nas alturas. 3 Quen contará as súas lexións? Contra quen non pode por a súa emboscada? 4 Vai un home ter razón ante Deus? Pode ser puro o nacido de muller? 5 O mesmo luar non lle brilla abondo, nin son puras ós seus ollos as estrelas! 6 E canto menos o home, o verme, o ser humano, esa miñoca!" |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)