Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -


XOB - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 22 - Biblia SEPT


CICLO TERCEIRO DA DISPUTA (22-27) Elifaz

1 Elifaz de Temán empezou a resposta:

2 —"Vai poder un home beneficiar a Deus? Non! Só de si mesmo tira proveito o sabio.

3 Que vantaxe tira Deus de que ti sexas xusto? Que gaña con que ti te portes ben?

4 Iate el probar pola túa piedade, levarte a preito por iso?

5 Non é máis ben enorme a túa maldade e incontables as túas culpas?

6 Pois sen razón demandábaslles peñores ós teus irmáns e mesmo ós farrapentos lles arrincabas os vestidos.

7 Non dabas a beber auga ó sedento, e ó famento negábaslle o pan:

8 A terra é para os forzudos, quen recada honor, que viva nela!

9 As viúvas botáchelas fóra baleiras, e arruinaches os brazos dos orfos.

10 Por iso rodéanche as trampas, e o medo súbito asáltate,

11 ou escurece e xa non podes ver e alágate o pulo da enxurrada.

12 Non se alza Deus tanto coma o ceo? e olla para estrela do cénit, que é tan alta!

13 E, con todo, ti pensas: Que sabe Deus? Vai gobernar El por entre o nubeiro?

14 As nubes son o seu veo, por iso non ve; El fai a rolda pola órbita do ceo.

15 Queres seguir o vieiro antigo por onde calcaron os inicuos

16 que foron arrincados antes de tempo, cando a riada lles afundiu os alicerces?

17 Dicíanlle eles a Deus: Arreda de nós! Que nos pode valer o Omnipotente!

18 E fora El quen lles enchera ben de todo as casas, pero eles apartábano dos seus plans inicuos.

19 Ven isto os xustos e alégranse, fai burla deles o inocente:

20 Abofé que esgotaron os seus haberes e o que quedaba devoróullelo o lume.

21 Ti axusta as contas e ten paz con El e dese xeito acadarás un bo pasar.

22 Ten por bo o ensino dos seus beizos! Toma a peito as súas palabras!

23 Se te volves ó Omnipotente hate sandar. Afasta da túa tenda a inxustiza!

24 Bota o teu ouro polo chan, o teu ouro de Ofir entre os callaos dos regatos!

25 E que sexa o teu ouro o Omnipotente. El mesmo, as túas moreas de prata.

26 Será entón o Omnipotente o teu folgar, erguerás diante de Deus o teu rostro.

27 Cando lle rogues hate escoitar, e ti cumprirás os teus votos.

28 Todo canto decidas hase realizar e o sol alumará nos teus camiños.

29 Pois El rebaixa a arrogancia dos fachendosos mais axuda ós que humildes baixan os ollos,

30 rescata ó home sen chata; por iso hate librar, se tes limpas as mans".

Lean sinn:



Sanasan