Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -


XOB - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 21 - Biblia SEPT


Xob

1 Entón Xob respondeu:

2 —"Escoitade atentos o meu propósito: Que iso sexa para min o voso consolo!

3 Aturádeme un intre mentres falo, cando remate xa vos mofaredes:

4 Presento eu o meu agravio contra un home? Non teño razón para me impacientar?

5 Ollade para min e estarrecede, e ponde a man na boca.

6 Cando o penso, alporízome e apértanseme as carnes co medo:

7 Como é que aínda viven os malvados e de vellos se cadra son máis ricos?

8 A súa caste medra a carón deles; a súa prole, diante dos seus ollos.

9 Nas súas casas hai paz, non hai temores, non bate nelas o fungueiro de Deus.

10 O seu touro cobre a vaca sen fallar, a súa vaca pare sen abortar.

11 Deixan os seus nenos choutando coma años, bailan os seus pequenos;

12 entoan ó ritmo do pandeiro e da cítola, fólganse ó son da frauta,

13 transcorren os seus días na ledicia e baixan tranquilos ó Xeol,

14 por máis que lle teñan dito a Deus: Arreda de nós, non queremos saber dos teus camiños!

15 Quen é o Omnipotente para que o sirvamos? Que proveito tiramos de rogarlle?

16 (Non teñen no seu control a súa prosperidade, non estou eu de acordo co matinar dos malvados).

17 Cantas veces se lle apaga a candea ó impío? Cantas veces dá neles o malvado ou lles reparte Deus dores na súa ira

18 ou se converten en palla diante do vento ou coma lixos que a treboada esparexe?

19 Garda Deus a miseria para os seus fillos? Que lla faga pagar a el para que o sinta!

20 Que vexan os seus ollos a desfeita! Que beba a carraxe do Omnipotente!

21 Pois que vai ser da súa casa despois del cando remate a conta dos meses?

22 Vai un darlle leccións a Deus que xulga ós máis egrexios?

23 Uns morren na plenitude das súas forzas, zumegando paz, e sen cavilacións,

24 cos lombos cheos de graxa e aínda mol a cana dos seus ósos;

25 morren outros fartos de amargor, sen gustar o que é bo,

26 e xuntos déitanos na mesma cinsa, cóbrenos ós dous os vermes.

27 Ben sei eu os vosos pensamentos e as opinións que contra min tecedes.

28 Dicides: Onde está o pazo do poderoso e onde a morada dos malvados?

29 Seica non o dades inquirido dos viandantes? Non o dades pescudado nas súas historias?:

30 Que nos días malditos se salva só o impío e se ceiba no día do furor.

31 Quen lle bota en cara a súa conduta e o forza a pagar polo que fixo?

32 En troques, lévano solemnemente ó nicho, pónselle garda de honor no mausoleo;

33 sábenlle ben mesmo os terróns da cova, arrastra tras de si un xentío, e diante del desfilan a milleiros.

34 Como teimades entón consolarme tan en van? Das vosas respostas o que queda é fraude!"

Lean sinn:



Sanasan