Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -


XOB - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 18 - Biblia SEPT


Bildad

1 Falou de novo Bildad o xuhita e dixo:

2 —"Ata cando vas armar trampas coas verbas? Repénsao, e despois falaremos!

3 Por que nos tes por bestas? Coidas que somos badocos?

4 Ti estrágaste na túa xenreira, e pola túa causa haberá que deixar deserta a terra ou remover as rochas?

5 Tamén se extingue a luz dos impíos e non brillan faíscas no seu lume;

6 escurécese a luz da súa tenda e sobre el apágase a candea.

7 Fanse máis breves os seus pasos firmes e derrúbao a súa propia matinación;

8 vai dar na rede polos seus pés, reméxese entre as mallas;

9 Atrapállao o lazo polos nocellos e aferra nel o cepo.

10 Para el está escondida a corda no chan e o cepo de caza na súa corredoira

11 O seu arredor espántano os terrores, escorréntano a cada paso.

12 Está famenta del a desgraza e a calamidade prepáralle a caída.

13 A doenza róelle na pel, morde nos seus membros o vinculeiro da morte.

14 Arríncano da súa cómoda tenda, lévano diante do rei dos terrores;

15 mora na súa tenda a pantasma; espallan xofre polos seus eidos.

16 Sécanlle por debaixo as raíces, múrchanlle por riba as pólas.

17 Desaparece a súa fama do país, non ten sona na rexión.

18 Empúxano da luz para a escuridade, refúgano do mundo.

19 Sen prole nin descendencia no seu pobo, sen quen lle sobreviva nos seus eidos.

20 Tremerán co seu fado os occidentais, encheranse de arrepío os orientais:

21 Velaquí as moradas do inicuo; este é o posto de quen rexeita a Deus".

Lean sinn:



Sanasan