Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -


XOB - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 12 - Biblia SEPT


Xob (12-14)

1 E Xob respondeulle:

2 —"Vós si que sodes xente! Convosco vai morrer a Sabedoría!

3 Tamén eu teño siso coma vós; non vos son menos. Quen non sabe todo isto?

4 Mais vin ser a burla do veciño, eu, un que chamaba a Deus e El me escoitaba, o xusto e íntegro, son motivo de escarnio.

5 Sobre o caído, aldraxes —pensa o que está seguro—; dándolles o que lles convén ós de pé vacilante.

6 Pero, mentres, as tendas dos ladróns están en paz e teñen seguridade os que alporizan a Deus, os que levan o seu Deus na man.

7 Inquire logo ás bestas, e elas ensinaranche; e ás aves do ceo, que cho han contar;

8 ou ós bechos do chan, e daranche leccións; hante informar mesmo os peixes do mar!

9 Quen non sabe destes seres que foi a man de Deus quen os fixo?

10 Pois na súa man está a alma de canto vive e o espírito do corpo de cadaquén.

11 Non é o oído o que distingue as palabras? Non é o padal o que saborea a comida?

12 Non anda entre os vellos o saber e o entendemento por entre os anciáns?

13 Pois El ten a Sabedoría e o Poder, ten o Consello e mais a Intelixencia!

14 Se El bota abaixo, non hai quen constrúa; se pecha, non hai quen abra.

15 Se contén as chuvias, sécase todo; pero déixaas ir, e revolven a agra.

16 Ten El a forza e mais o éxito, son seus o enganado e o que engana.

17 El é quen fai tolear ós ministros, volve parvos ós gobernadores,

18 solta as insignias dos reis e cínguelles os lombos cunha corda;

19 fai correr nus ós sacerdotes, trabuca ós aristócratas,

20 deixa sen fala os especialistas, quítalles o bo senso ós anciáns,

21 verte a vergonza sobre os nobres e afrouxa o cinto dos valentes.

22 Descobre cousas máis fondas cás tebras e fai xurdir a luz da sombra máis escura.

23 Fai grandes ós pobos ou estrágaos; fai que as nacións prosperen ou desaparezan.

24 Tíralles a razón ós xefes e extravíaos por estepas sen vieiros;

25 van atoutiñando nas tebras sen luz a fainos andar ás toas coma bébedos.

Lean sinn:



Sanasan