Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Isaías 4 - Biblia SEPT

1 O día aquel, sete mulleres collerán un só home. Diranlle: "Comeremos o noso pan e vestiremos o noso manto, con tal de que poidamos levar o teu apelido: quítanos a nosa deshonra".


Protección do Señor sobre o resto de Xerusalén

2 O día aquel o abrollo do Señor servirá de honra e gloria; e o froito da terra será o orgullo e honor dos escapados de Israel.

3 Entón o que quede en Sión, e o resto de Xerusalén chamarase santo. Si, todo el será inscrito en Xerusalén no libro da vida.

4 Cando o Señor limpe a sucidade das fillas de Sión, e cando lave do medio de Xerusalén o seu sangue, cun vento de xuízo e cun vento de desolación.

5 Entón o Señor sobre o templo do monte de Sión e sobre a súa xuntanza creará de día unha nube; e de noite, fume e labarada resplandecente coma un dosel sobre a Gloria do Santuario.

6 Unha tenda que será sombra para o día contra a seca e refuxio e cuberto contra o trebón e mais a chuvia.

Lean sinn:



Sanasan