Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Isaías 39 - Biblia SEPT


Embaixada babilónica e xuízo acerca dela

1 No tempo aquel o rei de Babilonia Merodak—Baladán, fillo de Baladán, mandou funcionarios e regalos a Ezequías xa que oíra que estivera enfermo e se puxera bo.

2 Ezequías alegrouse moito con eles, e mostroulles a casa do tesouro, a prata e mais o ouro, o bálsamo e mais os aceites preciosos, e toda a súa adega; e todo o que se atopaba nos seus almacéns; non houbo cousa que non lles ensinase no seu pazo e en todo o seu dominio.

3 Entón foi o profeta Isaías onda o rei Ezequías e díxolle: "Que dixeron eses homes? De onde viñeron onda ti?" Contestoulle Ezequías: "Viñeron onda min dun país afastado, de Babilonia".

4 El volveulle preguntar: "Que viron no teu pazo?" Respondeu Ezequías: "Viron todo o que hai no meu pazo; non houbo cousa nos meus almacéns que eu non llela mostrase".

5 Entón Isaías díxolle a Ezequías: "Escoita a palabra do Señor dos Exércitos:

6 velaí chegan días nos que será levado a Babilonia todo o que hai no teu pazo e todo o que amorearon os teus pais ata o día de hoxe; non quedará cousa ningunha desas. Díxoo o Señor.

7 Tamén collerán algúns dos teus fillos, ós que ti xeras, e serán oficiais no pazo do rei de Babilonia".

8 Entón díxolle Ezequías a Isaías: "É boa a palabra que o Señor pronunciou". Pois pensaba: "Cando menos que haxa paz e seguridade nos meus días".

Lean sinn:



Sanasan