Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Isaías 20 - Biblia SEPT


Isaías espido e descalzo, sinal para Exipto

1 No ano no que veu o xeneral en xefe a Axdod, cando o mandou Sargón, rei de Asiria, a atacar Axdod e conquistala,

2 entón falou o Señor por medio de Isaías, fillo de Amós, nestes termos: "Vai e solta o saco da túa cintura e quita as sandalias dos teus pés". El fíxoo así, camiñando espido e descalzo.

3 Logo dixo: "O mesmo que o meu servo Isaías camiñou espido e descalzo, durante tres anos, como sinal e imaxe referente a Exipto e a Cux,

4 Así o rei de Asiria levará os prisioneiros de Exipto e os deportados de Cux, rapaces e vellos, espidos e descalzos, e coas nádegas en coiro: a vergonza dos exipcios.

5 Estarán confundidos e avergonzados por causa de Cux, a súa esperanza, e por causa de Exipto, a súa gloria.

6 E dirán os habitantes daquela costa no día aquel: Vede como quedou a nosa esperanza, a onde corriamos por axuda para nos librarmos da presenza do rei de Asiria, e como escaparemos nós?".

Lean sinn:



Sanasan