Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Isaías 18 - Biblia SEPT


Oráculo acerca de Cux

1 Ai do país de barcos voadores, que está ó longo dos ríos de Cux,

2 que manda polo mar embaixadores, sobre a auga os manda en barcos de papiro! Ide, áxiles mensaxeiros, ó pobo alto e relucente, á nación temible aquí e mais alá, pobo poderoso, que domina; pola súa terra corren ríos.

3 Todos os habitantes do orbe e os que vivides na terra, ó levantaren a bandeira nos montes, tende medo, e, ó soaren o corno, escoitade.

4 Si, así me falou o Señor: "Quedarei quieto e ollarei atento desde o sitio onde estea: unha calor abrasadora vén do sol, unha nube de orballo na calor da seitura.

5 Na hora da seitura, cando a floración do viño está completa, e a flor se volve gran verde que vai madurar, pódanse os bacelos coa coitela, e esgázanse da cepa os gallos ladróns.

6 Déixase todo xunto para os gabiáns das montañas e para os bechos da terra: os gabiáns han pasar o verán sobre a cepa; e os bechos da terra, o inverno sobre ela".

7 Nesa hora no monte de Sión presentaranlle ó Señor dos Exércitos un regalo de parte dun pobo alto e relucente, dun pobo temible aquí e mais alá, unha nación poderosa, que domina; pola súa terra corren ríos. Traerán o regalo para o Santuario do Nome do Señor dos Exércitos, ó monte de Sión.

Lean sinn:



Sanasan