Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Éxodo 11 - Biblia SEPT


Ameaza ós primoxénitos

1 O Señor díxolle a Moisés: —"Vou mandar aínda unha praga sobre o faraón e o seu pobo. Despois vaivos deixar saír de aquí. Mellor dito, botaravos el mesmo de Exipto.

2 Aconséllalle ó pobo que cada home pida ó seu veciño e cada muller á súa veciña obxectos de prata e ouro".

3 O Señor fixo que o pobo lles caese ben ós exipcios; e o mesmo Moisés era estimado pola corte do faraón e polo pobo de Exipto.

4 Moisés deu este anuncio: —"Isto di o Señor: á medianoite pasarei por todo o Exipto,

5 e morrerán os primoxénitos todos do país, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o da serva que move a pedra do muíño, e mesmo os primoxénitos do gando.

6 Haberá no Exipto enteiro un lamento tan grande, como non o houbo antes nin o volverá haber.

7 Pero onde están os israelitas non ouveará can ningún nin por homes nin por gando, para que saibades que o Señor distingue entre Exipto e Israel.

8 Entón estes teus ministros acudirán onda min e, prostrándose, pediranme: Sae de onda nós ti e todo este pobo que te segue. E entón eu sairei". E Moisés foise anoxado de onda o faraón.

9 O Señor dixéralle a Moisés: —"O faraón non vos dará creto, e eu farei moitos milagres en Exipto".

10 Moisés e Aharón fixeron estes milagres diante do faraón. Pero o Señor endureceu ó faraón, que non deixou saír os israelitas da súa terra.

Lean sinn:



Sanasan