Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

Apocalipse 15 - Biblia SEPT


Introdución ás sete pragas das sete cuncas

1 Logo vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.

2 Despois vin coma un mar de cristal mesturado con lume e os que saíron con ben da loita coa besta, coa súa imaxe e co número do seu nome, vinos de pé enriba do mar de cristal, con cítaras para o canto de Deus.

3 Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.

4 Quen non respectará e glorificará o teu nome, Señor? Porque só ti es santo. Todas as nacións virán e adorarante prostradas perante Ti, porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".

5 E despois disto mirei e vin que se abriu o santuario celeste, a tenda do testemuño.

6 Do santuario saíron os sete anxos coas sete pragas, vestidos de liño curado e lucente, cinguidos con faixas de ouro polo peito.

7 E unha das catro bestas deulles ós sete anxos sete cuncas de ouro cheas da ira do Deus que vive polos séculos dos séculos.

8 Logo encheuse o santuario de fume por causa da gloria de Deus e por causa do seu poder. E ninguén podía entrar no santuario, ata que chegasen á fin as sete pragas dos sete anxos.

Lean sinn:



Sanasan