Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

1 Samuel 27 - Biblia SEPT


David cos filisteos

1 David botou estas contas: —"Calquera día acabarei no poder de Xaúl. Non me queda outro remedio que escapar ó país dos filisteos. Entón deixará Xaúl de perseguirme por todo o territorio de Israel e quedarei a salvo da súa man".

2 David pasouse cos seus seiscentos homes onda Aquix, fillo de Maoc, rei de Gat,

3 e quedaron a vivir todos en Gat, terra de Aquix, cada un coa súa familia. David levaba as súas dúas mulleres, Ahinoam de Iezrael e Abigail, a que fora muller de Nabal de Carmel.

4 Dixéronlle a Xaúl que David fuxira cara a Gat e deixou de perseguilo.

5 David díxolle a Aquix: —"Se merezo o teu favor, que me concedan un lugar nunha poboación do campo e que me permitan vivir nela. Por que ía vivir este teu servo ó teu lado na cidade real?"

6 E naquel mesmo día Aquix cedeulle Siquelag. Por iso pertence Siquelag ós reis de Israel ata o día de hoxe.

7 David residiu en terras filisteas un ano e catro meses.

8 David saía cos seus homes e facía incursións no territorio dos guexuritas, dos guircitas e dos amalecitas, pobos que habitaban na bisbarra, que vai de Telam cara Xur ata a fronteira de Exipto.

9 David arrasaba aquela terra sen deixar vivo nin home nin muller e pillaba ovellas e vacas, burros, camelos e roupas e logo volvía onda Aquix.

10 Aquix preguntáballe: —"Onde saqueastes hoxe?" E David respondíalle: —"No Négueb de Xudá, no dos ierahmelitas ou no dos quenitas".

11 David non traía vivos a Gat nin home nin muller, para que logo non puidesen dicir del: —"David fixo isto e aquilo". Ese foi o seu proceder, mentres estivo en terras filisteas.

12 Aquix fiábase de David e pensaba del: —"Incomodouse co seu pobo de Israel e será para sempre o meu vasalo".

Lean sinn:



Sanasan