Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

1 Reis 4 - Biblia SEPT


Goberno e administración do reino

1 O reino de Salomón estendíase a todo Israel.

2 Estes eran os seus ministros: Azarías, fillo de Sadoc, era o sacerdote;

3 Elihoref e Ahías, fillos de Xixá, os secretarios; Iehoxafat, fillo de Ahilud, o cronista;

4 Benaías, fillo de Iehoiadá, o xefe do exército; Sadoc e Abiatar, os sacerdotes;

5 Azarías, fillo de Natán, xefe dos gobernadores; Zabud, fillo de Natán, conselleiro privado do rei;

6 Ahixar, maiordomo do pazo; e Adoniram, fillo de Abdá, encargado do alistamento dos traballadores.

7 Salomón tiña doce gobernadores en todo Israel. Estaban encargados do abastecemento do rei e do seu pazo, cada un nun mes do ano.

8 Estes eran os seus nomes: Ben—Hur, na montaña de Efraím;

9 Ben—Déquer, en Macás, Xaalbim, Bet—Xémex e Elón—Bet—Hanán;

10 Ben—Hésed, en Arubot; e pertencíalle tamén Socoh e a terra de Héfer;

11 Ben—Abinadab, en toda a veiga de Dor; estaba casado con Tafat, filla de Salomón;

12 Baná, fillo de Ahilud, en Tanac e Meguido, ata máis alá de Iocneam; en todo Betxeán, por debaixo de Iezrael, desde Betxeán ata Abel—Meholah ó pé de Sartán;

13 Ben—Guéber, en Ramot de Galaad; tiña tamén as aldeas de Iair, fillo de Menaxés, situadas en Galaad, e o distrito de Argob, en Baxán; sesenta grandes cidades amuralladas, con ferrollos de bronce;

14 Ahinadab, fillo de Idó, en Mahanaim;

15 Ahimaas, en Naftalí; este casara con Basmat, filla de Salomón;

16 Baná, fillo de Huxai, en Axer e en Alot;

17 Iehoxafat, fillo de Parúah, en Isacar;

18 Ximí, fillo de Elá, en Benxamín;

19 Guéber, fillo de Urí, no país de Galaad, no país de Sihón, o rei amorreo, e no de Og, rei de Baxán. Había tamén un gobernador no país de Xudá.

20 Xudeus e israelitas eran tan numerosos coma a area do mar. Tiñan abondo que comer e que beber, e vivían contentos.

Lean sinn:



Sanasan