1 Crónicas 9 - Biblia SEPT1 Todo Israel está rexistrado nas xenealoxías e inscrito no libro dos Reis de Israel. Xudá foi levado preso a Babilonia polas súas infidelidades. Habitantes de Xerusalén á volta da catividade 2 Os primeiros habitantes que ocuparon de novo as súas posesións, e as súas cidades eran israelitas, sacerdotes, levitas e natineos. 3 En Xerusalén establecéronse fillos de Xudá, fillos de Benxamín, fillos de Efraím e de Menaxés. 4 Dos descendentes de Peres, fillo de Xudá: Utai fillo de Amihud, fillo de Omrí, fillo de Imrí, fillo de Baní. 5 Dos xilonitas: Asaías, o primoxénito, e seus fillos. 6 Dos fillos de Zérah: Ieuel e seus irmáns, seiscentos noventa. 7 Dos fillos de Benxamín: Salú, fillo de Mexulam, fillo de Hodavías, fillo de Asnuá; 8 Ibneías, fillo de Ieroham; Elú, fillo de Uzí, fillo de Micrí; Mexulam, fillo de Xefatías, fillo de Reuel, fillo de Ibnías, 9 e seus irmáns, segundo as súas xeracións, novecentos cincuenta e seis. Todos estes eran xefes de familia nas casas de seus pais. 10 Sacerdotes: Iedaías, Iehoiarib e Iaquín; 11 Azarías, fillo de Hilquías, fillo de Mexulam, fillo de Sadoc, fillo de Meraiot, fillo de Ahitub, xefe do templo; 12 Adaías, fillo de Ieroham, fillo de Pashur, fillo de Malaquías; Masai, fillo de Adiel, fillo de Iahzerah, fillo de Mexulam, fillo de Mexilemit, fillo de Imer, 13 e seus irmáns, xefes das casas de seus pais, mil setecentos sesenta homes fortes, ocupados en servir o templo. 14 Levitas: Xemaías, fillo de Haxub, fillo de Azricam, fillo de Haxabías, dos fillos de Merarí; 15 Bacbacar, Hérex, Galal, Matanías, fillo de Miqueas, fillo de Zicrí, fillo de Asaf; 16 Abdías, fillo de Xemaías, fillo de Galal, fillo de Iedutún; Berequías, fillo de Asá, fillo de Elcanah, que habitou nos poboados de Netofat. 17 Porteiros: Xalum, Acub, Talmón, Ahimán. Seu irmán Xalum era o xefe. 18 E ata hoxe está na porta do rei, no oriente. Estes son os porteiros do campamento dos levitas. 19 Xalum, fillo de Coré, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, e seus irmáns. Os coreítas tiñan ó seu cargo a garda da entrada da Tenda, seus pais fixeran a garda na entrada do campamento de Iavé. 20 Pinhás, fillo de Elazar, foi antes o seu xefe. E Iavé estivo con el. 21 Zacarías, fillo de Mexelenías, era porteiro da entrada da Tenda do Encontro. 22 Eran, con todos, cento doce elixidos para porteiros da entrada, e rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas cidades. David e Samuel, o vidente, elixíronos para as súas funcións. 23 Eles e os seus fillos gardaban as portas do templo da Tenda. 24 Había porteiros ós catro ventos, a oriente e occidente, a norte e a mediodía. 25 Seus irmáns residían nas súas aldeas; tiñan que vir de tempo en tempo por sete días; 26 pero estes catro xefes dos porteiros, estes levitas, estaban sempre en funcións, e tiñan ademais ó seu cargo a vixilancia das cámaras e dos tesouros do templo. 27 Pasaban a noite arredor da casa de Deus, da que tiñan a garda e a que tiñan que abrir cada mañá. 28 Uns estaban encargados das cousas do culto. Levaban conta delas ó introducilas e sacalas. 29 Outros coidaban de todas as cousas do santuario, como a flor de fariña, o viño, o aceite, o incenso e os perfumes. 30 Os fillos dos sacerdotes facían a mestura dos perfumes. 31 Matatías, un dos levitas, primoxénito de Xalum, coreíta, coidaba das tortas que se fritían nas tixolas; 32 e algúns de seus irmáns de entre os quehatitas tiñan ó seu cargo preparar todos os sábados os pans da proposición. 33 Os cantores, xefes de familia dos levitas, que moraban nas cámaras, sen outra función ningunha, porque día e noite estaban na súa. 34 Eran os xefes de familia dos levitas, xefes segundo as súas xeracións. Habitaban en Xerusalén. 35 O pai de Gabaón, Ieiel, habitaba en Gabaón, e o nome da súa muller era Macah. 36 Abdón era o seu primoxénito; despois viñan Sur, Quix, Báal, Ner, Nadab, 37 Guedor, Ahió, Zacarías e Miclot. 38 Miclot xerou a Ximah. Estes habitaban tamén en Xerusalén con seus irmáns. 39 Ner xerou a Quix; Quix xerou a Xaúl; Xaúl xerou a Ionatán, Malquixúa, Abinadab e Exbáal. 40 Fillo de Ionatán foi Meribaal; Meribaal xerou a Micah. 41 Os fillos de Micah foron Pitón, Mélec, Tahrea e Acaz. 42 Acaz xerou a Iarah; Iarah xerou a Alémet, Azmávet e Zimrí; Zimrí xerou a Mosá; 43 Mosá xerou a Biná, pai de Refaías, pai de Ehasah, pai de Asel. 44 Asel tivo seis fillos que polo seu nome son Azricam, Bocrú, Ismael, Xearías, Abdías e Hanán. Estes son os fillos de Asel. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)