Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

1 Crónicas 7 - Biblia SEPT


Descendentes de Isacar

1 Fillos de Isacar: Tolá, Fúah, Iaxub e Ximrón: catro en total.

2 Fillos de Tolá: Uzí, Refaías, Ieriel, Iahmai, Ibsam e Samuel, xefes das familias de Tolá, homes todos capacitados para o exercicio das armas. O seu número no tempo de David era de vinte e dous mil seiscentos.

3 Fillo de Uzí: Izrahías; fillos de Izrahías: Micael, Abdías, Ioel, Ixías: en total cinco xefes.

4 Tiñan, segundo as súas xenealoxías polas casas paternas, trinta e seis mil homes armados para a loita, pois eran moitas as mulleres e fillos.

5 Seus irmáns de todas as familias de Isacar, homes guerreiros, facían un total de oitenta e sete mil; todos estaban rexistrados nas xenealoxías.


Descendentes de Benxamín

6 Fillos de Benxamín: Bela, Béquer e Iediael: tres en total.

7 Fillos de Bela: Esbón, Uzí, Uziel, Ierimot e Irí: cinco en total. Eran xefes das familias de seus pais e homes guerreiros; tamén estes estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinte e dous mil trinta e catro.

8 Fillos de Béquer: Zemirah, Ioax, Eliézer, Elioenai, Omrí, Ierimot, Abías, Anatot e Alémet, todos eles fillos de Béquer,

9 rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas xeracións, coma xefes das familias de seus pais, e homes guerreiros en número de vinte mil douscentos.

10 Fillo de Iediael: Bilhán. Fillos de Bilhán: Iehux, Benxamín, Ehud, Quenanah, Zetán, Tárxix e Ahixáhar,

11 todos eles fillos de Iediael; como xefes das familias de seus pais e homes guerreiros estaban rexistrados en número de dezasete mil douscentos, preparados para tomaren armas e marchar á guerra.

12 Os xufitas e os hupitas eran fillos de Ir; e os huxitas, fillos de Aher.


Descendentes de Naftalí

13 Fillos de Naftalí: Iahsiel, Guní, Iéser e Xalum, fillos de Bilhah.


Descendentes de Menaxés

14 Fillos de Menaxés: Asriel e Maquir, pai de Galaad. Os dous eran fillos dunha concubina aramea.

15 Maquir tomou muller dos xufitas e hupitas. Súa irmá chamábase Macah. O nome do segundo fillo era Selofhad. Selofhad tivo fillas.

16 Macah, muller de Maquir, pariu un fillo e chamoulle Pérex; seu irmán chamouse Xárex, e foron seus fillos Ulam e Ráquem.

17 Fillo de Ulam: Bedán. Estes son os fillos de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Menaxés.

18 Súa irmá Hamoléquet pariu a Ixhod, Abiézer e a Mahlah.

19 Fillos de Xemidá: Ahián, Xequem, Lichí e Aniam.


Descendentes de Efraím

20 Fillos de Efraím: Xutélah, pai de Béred, pai de Táhat;

21 pai de Zabad, pai de Xutélah, pai de Ézer e Elad. Os homes de Gat, oriúndos do territorio, matáronos cando baixaban para recoller o seu gando.

22 Efraím, seu pai, fixo moito tempo dó por eles, e os seus irmáns viñeron consolalo.

23 Despois foi onda súa muller, que concebiu e pariu un fillo; chamábase Beriah, pola desgraza na que se atopaba a súa familia.

24 Tivo por fillo a Xerah, que edificou Bethorón Alto e Baixo, e Uzén Xerah;

25 a Réfah, pai de Xutélah, pai de Táhan;

26 pai de Ladán, pai de Amihud, pai de Elixamá;

27 pai de Nun, pai de Xosué.

28 Tiñan habenza e morada en Betel e nas cidades da súa dependencia; ó oriente, Narán; ó occidente, en Guézer e nas cidades da súa dependencia; en Xequem e nas cidades da súa dependencia, ata Aiah e as cidades da súa dependencia.

29 Os fillos de Menaxés posuían Bet—Xeán e as cidades da súa dependencia, Zanac a as cidades da súa dependencia, Dor e as cidades da súa dependencia. Nestas cidades habitaron os fillos de Xosé, fillo de Israel.


Descendentes de Axer

30 Fillos de Axer: Imná, Ixvah, Ixví, Beriah e Sénah, súa irmá.

31 Fillos de Beriah: Héber e Malquiel. Malquiel era pai de Birzáit.

32 Héber xerou a Iaflet, Xomer, Hotam e Xuá, irmá destes.

33 Fillos de Iaflet: Pasac, Bimhal e Axvat. Estes son os fillos de Iaflet.

34 Fillos de Xomer: Ahí Rohgah, Iahbá e Aram.

35 Fillos de Hélem, seu irmán: Sofah, Imná, Xélex e Amal.

36 Fillos de Sofah: Súah, Harnéfer, Xual, Berí e Imrah;

37 Béser, Hod, Xamá, Xilxah, Itrán e Beerá.

38 Fillos de Iéter: Iefuneh, Pispah e Ará.

39 Fillos de Ulá: Arah, Haniel e Risías.

40 Todos estes fillos de Axer eran xefes das casas de seus pais, homes selectos e guerreiros; xefes de príncipes. Estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinte e seis mil, preparados para a loita.

Lean sinn:



Sanasan