1 Crónicas 6 - Biblia SEPT1 Fillos de Leví: Guerxom, Quehat e Merarí. 2 Fillos de Guerxom: Libní e Ximí. 3 Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel. 4 Fillos de Merarí: Mahlí e Muxí. Estas son as familias de Leví. 5 Descendentes de Guerxom: Libní, Iáhat, Zimah; 6 Ioah, Idó, Zérah e Ieatrai. 7 Descendentes de Quehat: Aminadab, Córah, Asir, 8 Elcanah, Abiasaf, Asir, 9 Táhat, Uriel, Uzías e Xaúl. 10 Fillos de Elcanah: Amasai e Ahimot, 11 pai de Elcanah, pai de Sofai, pai de Náhat, 12 pai de Eliab, pai de Ieroham, pai de Elcanah. 13 Fillos de Samuel: Ioel, o primoxénito, e Abías, o segundo. 14 Fillos de Merarí: Mahlí, Libní, Ximí, Uzá, 15 Ximá, Haguías e Asaías. 16 Mestres do coro, nomeados por David para o servizo do canto no templo de Iavé, cando a arca tivo alí o seu lugar de acougo. 17 O seu oficio consistía en cantar diante do tabernáculo, na Tenda do Encontro, ata que Salomón edificou o templo de Iavé en Xerusalén. Máis tarde realizaron nel as súas funcións coma de costume. 18 Velaquí os que oficiaban, con seus fillos: dos fillos de Quehat: Hemán, como cantor, fillo de Ioel, fillo de Samuel, 19 fillo de Elcanah, fillo de Ieroham, fillo de Eliel, fillo de Toah, 20 fillo de Suf, fillo de Elcanah, fillo Amasai, 21 fillo de Elcanah, fillo de Ioel, fillo de Azarías, fillo de Sofonías, 22 fillo de Táhat, fillo de Asir, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, 23 fillo de Ishar, fillo de Quehat, fillo de Leví, fillo de Israel. 24 Seu irmán Asaf estaba á súa dereita; Asaf, fillo de Berequías, fillo de Ximá, 25 fillo de Micael, fillo de Baseías, fillo de Malaquías, 26 fillo de Etní, fillo de Zérah, fillo de Adaías, 27 fillo de Etán, fillo de Zimah, fillo de Ximí, 28 fillo de Iáhat, fillo de Guerxom, fillo de Leví. 29 A súa esquerda estaban seus irmáns, os fillos de Merarí: Etán, fillo de Quixí, fillo de Abdí, fillo de Maluc, 30 fillo de Haxabías, fillo de Amasías, fillo de Hilquías, 31 fillo de Amasí, fillo de Baní, fillo de Xémer, 32 fillo de Mahlí, fillo de Muxí, fillo de Merarí, fillo de Leví. 33 Seus irmáns, os levitas, tiñan ó seu cargo todo o servizo do tabernáculo do templo. 34 Aharón e seus fillos eran os que ofrecían os sacrificios no altar dos holocaustos e queimaban incenso no altar dos perfumes, cumprindo estes servizos no Santo dos Santos e facendo a expiación por Israel conforme todo o que mandara Moisés, servo de Iavé. 35 Velaquí os fillos de Aharón: Elazar, Pinhás, Abixúa, 36 Buquí, Uzí, Zerahías, 37 Meraiot, Amarías, Ahitub, 38 Sadoc, Ahimaas. Cidades levíticas 39 Estas son as súas residencias segundo os límites dos seus campamentos. Os fillos de Aharón, da familia de Quehat, sinalados pola sorte, 40 déuselles Hebrón, na terra de Xudá, cos eixidos dos arredores; 41 pero o territorio da cidade e as súas aldeas foron dados a Caleb, fillo de Iefuneh. 42 Déronlles, pois, ós fillos de Aharón a cidade de Hebrón como cidade refuxio, Libnah cos seus contornos, Iatir e Extemóah, tamén cos seus contornos; 43 Hilez cos seus eidos e Debir cos seus eidos; 44 Axán cos seus eidos, Bet—Xémex cos seus eidos; 45 da tribo de Benxamín déronlles: Gueba cos seus eidos; Alémet cos seus eidos e Anatot cos seus eidos. As súas cidades foron trece en total, segundo as súas familias. 46 Os outros fillos de Quehat tocáronlles en sorte dez cidades da tribo de Efraím, da tribo de Dan e da media tribo de Menaxés. 47 Os fillos de Guerxom, segundo as súas familias, tiveron trece cidades da tribo de Isacar, da tribo de Axer, da tribo de Naftalí e da tribo de Menaxés en Baxán. 48 Os fillos de Merarí, segundo as súas familias, tiveron por sorte doce cidades da tribo de Rubén, da tribo de Gad e da tribo de Zebulón. 49 Os fillos de Israel déronlles ós levitas estas cidades cos seus contornos. 50 Déronllelas ás sortes, da tribo de Xudá, da tribo de Simeón e da tribo dos fillos de Benxamín, ás que lles puxeron os seus propios nomes. 51 As familias de Quehat tocáronlles en sorte cidades na tribo de Efraím. 52 Déronlles, con dereito de asilo, as cidades de Xequem, no monte de Efraím e os seus contornos; a de Guézer cos seus contornos; 53 A de Iocmeam cos seus contornos; a de Bethorón, cos seus contornos; 54 A de Aialón cos seus contornos; e a de Gat—Rimón cos seus contornos. 55 Na media tribo de Menaxés, Aner, cos seus contornos; e Bilam, cos seus contornos, foron para aqueles que quedaban das familias de Quehat. 56 As familias de Guerxom tocáronlles en sorte: da media tribo de Menaxés, Golán de Baxán, cos seus contornos; e Axtarot cos seus contornos. 57 Da tribo de Isacar, Axperón cos seus contornos; Daberat cos seus contornos; 58 Ramot cos seus contornos; e Anem cos seus contornos. 59 Da tribo de Axer, Maxal, cos seus contornos; Abdón cos seus contornos; 60 Hucoq cos seus contornos; e Rehob cos seus contornos. 61 Da tribo de Naftalí, Cadex de Galilea cos seus contornos; Hamón cos seus contornos; e Quiriataim cos seus contornos. 62 Para os restantes fillos de Merarí, déronlles: da tribo de Zebulón, Rimón cos seus contornos; e Tabor cos seus contornos. 63 Na outra parte do Xordán, de fronte a Iericó, ó leste do río Xordán, da tribo de Rubén déronlles: Béser no deserto cos seus contornos; Iahsah cos seus contornos; 64 Quedemot cos seus contornos; e Mefáat cos seus contornos. 65 Da tribo de Gad: Ramot en Galaad cos seus contornos; Mahamaim cos seus contornos; 66 Hexbón cos seus contornos; e Iazer cos seus contornos. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)