Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

1 Crónicas 4 - Biblia SEPT


Descendentes de Xudá

1 Fillos de Xudá: Peres, Hesrón, Carmí, Hur e Xobal.

2 Reaías, fillo de Xobal, xerou a Iahat; Iahat xerou a Ahumai e a Láhad. Estas foron as familias dos sorahitas.

3 Velaquí os descendentes de Etam: Iezrael, Ixmá e Idbax. O nome de súa irmá era Haslefoní;

4 Penuel, que fundou Guedor e Ézer, que fundou Huxah. Estes son os fillos de Hur: Efratah, o primoxénito, que fundou Belén;

5 Axhur,que fundou Tecoa e tivo dúas mulleres: Helah e Narah.

6 Narah pariulle a Ahuzam, Héfer, Temní e Ahaxtarí. Estes foron os fillos de Narah.

7 Fillos de Helah: Séret, Iosohar e Etnán.

8 Cos xerou a Anub e a Sobebah e ás familias de Aharhel, fillo de Harum.

9 Iabés foi o máis ilustre dos irmáns. Súa nai deulle o nome de Iabés dicindo: —"Por—que o parín con dor".

10 Iabés invocou ó Deus de Israel dicindo: —"Bendime, estende o meu territorio e que a túa man sexa comigo. Gárdame de todo mal, de xeito que eu non padeza...". E Deus deulle o que lle pedía.

11 Quelub, irmán de Xuhah, xerou a Mehir, que foi pai de Extón.

12 Extón xerou a Bet—Rafá, a Paséah e a Tehinah, fundador de Nahax. Estes foron os homes de Recah.

13 Fillos de Quenaz: Otoniel e Seraías. Fillos de Otoniel: Hatat e Meonotai.

14 Meonatai xerou a Ofrah, e Seraías xerou a Xoab, fundador de Gue—Haraxim, pois eran artesáns.

15 Fillos de Caleb, o fillo de Iefuneh: Iru, Elah, Náam; e o fillo de Elá: Quenaz.

16 Fillos de Iehalelel: Zif, Zifah, Tiriá e Asarel.

17 Fillos de Esdras: Iéter, Méred, Éfer e Ialón. Iéter xerou a Miriam, Xamai e Ixbah, fundador de Extemoa.

18 A súa muller, xudía ela, pariu a Iéred, fundador de Guedor; a Héber, fundador de Socó; e a Iecutiel, fundador de Zanóah. Estes son os fillos de Bitiah, filla de Faraón, que Méred tomou por muller.

19 Os fillos da muller de Odías, irmá de Náham, foron: o pai de Queilah, o garmita e Extemoa, o macateo.

20 Fillos de Ximón: Ammón, Rinah, Ben—Hanán e Tilón. Fillos de Ixí: Zohet e Ben—Zohet.

21 Fillos de Xelah, fillo de Xudá: Er, fundador de Lecah; Ladah, fundador de Marexah e as familias da casa onde se traballa o liño, en Bet—Axbea;

22 Ioquim e os homes de Cozebá; Ioax e Saraf, que dominaron en Moab, antes de volver a Belén. (Estas son cousas antigas).

23 Estes eran oleiros e habitaban en Netaím e Guederá, cerca do rei, e traballaban para el.


Descendentes de Simeón

24 Fillos de Simeón: Nemuel, Iamín, Iarib, Zérah e Xaúl. Fillos de Xaúl:

25 Xalum, Mibsam, seu fillo, e Mixmá, fillo deste.

26 Fillos de Mixmá: Hamuel, seu fillo, do que naceu Zacur, que tivo a Ximí.

27 Ximí tivo dezaseis fillos e seis fillas. Seus irmáns non tiveron tantos fillos, e as súas familias non se multiplicaron tanto coma as dos fillos de Xudá.

28 Habitaban en Beerxeba, Moladah, e Hasar—Xual,

29 en Bilhah, en Ésem, en Tolad,

30 en Betuel, en Hormah, en Siquelag,

31 en Bet—Marcabot, en Hasar—Susim, Bet—Birí e en Xaraim. Estas foron as súas cidades ata o reino de David;

32 e as súas aldeas eran Etam, Aim, Rimón, Toquen e Axán: cinco aldeas en total

33 e todas as vilas no arredor destas cidades ata Baal. Estas son as súas moradas e as súas xenealoxías.

34 Mesobat, Iamlec, Ioxah, fillo de Amasías;

35 Ioel, Iehú, fillo de Ioxibías, fillo de Seraías, fillo de Asiel.

36 Elioenai, Iacobah, Iexohaías, Asaías, Adiel, Iesimiel, Benaías,

37 Zizá, fillo de Xifí, fillo de Alón, fillo de Iedaías, fillo de Ximrí, fillo de Xemaías.

38 Estes, polos seus nomes eran príncipes nas súas familias, e as súas casas paternas fixéronse grandes.

39 Foron da parte de Guedor ata o Oriente do val, procurando pasto para o seu gando.

40 Atoparon herba, bo pasto e unha rexión abondosa, tranquila e apracible. Os que antes habitaran esa rexión descendían de Cam.

41 Estes, descritos polos seus nomes, viñeron en tempos de Ezequías, rei de Xudá, atacaron as súas tendas e os mineos que atoparon alí destruíronos ata hoxe, habitando no sitio deles, por haber alí pasto para o seu gando.

42 Tamén cincocentos dos deles —dos fillos de Simeón—, foron ó monte de Seir levando por xefes a Pelatías, Nearías, Refaías e Uziel, fillos de Ixí;

43 e derrotaron ó resto que quedara de Amalec, e habitaron alí ata hoxe.

Lean sinn:



Sanasan