1 Crónicas 2 - Biblia SEPT1 Velaquí os fillos de Israel: Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zebulón, 2 Dan, Xosé, Benxamín, Naftalí, Gad e Axer. 3 Fillos de Xudá: Er, Onán e Xelah; estes tres nacéronlle da filla de Xúa, a cananea. Er, primoxénito de Xudá, foi ruín ós ollos de Iavé, quen o fixo morrer. 4 Tamar, nora de Xudá, deulle dous fillos: Peres e Zérah. Por xunto os fillos de Xudá son cinco. 5 Fillos de Peres: Hesrón e Hamul. 6 Fillos de Zérah: Zimrí, Etán, Hemán, Calcol e Dara. Cinco en total. 7 Fillo de Carmí: Acar, que turbou a Israel cando foi infiel ó anatema. 8 Fillo de Etán: Azarías. 9 Fillos que lle naceron a Hesrón: Ierahmel, Ram e Quelubai. 10 Ram xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Nahxón, príncipe dos fillos de Xudá; 11 Nahxón xerou a Salmá; Salmá xerou a Boaz; 12 Boaz xerou a Obed; Obed xerou a Ixaí; 13 Ixaí xerou a Eliab, o seu primoxénito; a Abinadab, o segundo; a Ximá, o terceiro; 14 A Netanel, o cuarto; a Radai, o quinto; 15 A Osem, o sexto; e a David, o sétimo. 16 As súas irmás foron Seruiah e Abigail. Fillos de Seruiah: Abixai, Ioab e Asael: en total, tres. 17 Abigail pariu a Amasá, sendo seu pai Iéter, o ismaelita. 18 Caleb, fillo de Hesrón, tivo fillos de Azubah e foron: Iéxer, Xobab e Ardón. 19 Cando morreu Azubah, Caleb tomou por muller a Efratah, que lle deu a Hur. 20 Hur xerou a Urí, e Urí xerou a Besalel. 21 Logo, Hesrón coñeceu á filla de Maquir, pai de Galaad, cando tiña sesenta anos, da que naceu Segub. 22 Segub xerou a Iaír, que tivo vinte e tres cidades na terra de Galaad, 23 e arrebatou a Guexur e a Aram as vilas de Iaír, Quenat, e as cidades da súa dependencia: sesenta cidades. Todo isto pertencía a Maquir, pai de Galaad. 24 Despois da morte de Hesrón, Caleb uniuse a Efratah, muller de seu pai Hesrón, da que tivo Axhur, fundador de Tecoa. 25 Os fillos de Ierahmel, o primoxénito de Hesrón, foron: Ram o primoxénito, e Bunah e Orén, seus irmáns. 26 Ierahmel tivo outra muller chamada Atarah, que foi nai de Onam. 27 Os fillos de Ram, primoxénitos de Ierahmel, foron: Maas, Iamín e Équer. 28 Os fillos de Onam foron: Xamai e Iadá. Fillos de Xamai: Nadab e Abixur. 29 O nome da muller de Abixur era Abigail, da que tivo a Ahbán e Molid. 30 Fillos de Nadab: Séled e Apaim. Séled morreu sen fillos. 31 Fillos de Apaim: Ixí. Fillo de Ixí: Xexán. Fillo de Xexán: Ahlai. 32 Fillos de Iadá, irmán de Xamai: Iéter e Ionatán. Iéter morreu sen fillos. 33 Fillos de Ionatán: Pélet e Zazá. Estes son os fillos de Ierahmel. 34 Xexán non tivo fillos, pero si fillas. Xexán tiña un escravo exipcio chamado Iarhá, 35 ó que lle deu a súa filla por muller e de quen naceu Atai. 36 Atai xerou a Natán, e Natán xerou a Zabad; 37 Zabad xerou a Eflal; Eflal xerou a Obed; 38 Obed xerou a Iehú; Iehú xerou a Azarías; 39 Azarías xerou a Hales; Hales xerou a Elasah. 40 Elasah xerou a Sismai; Sismai xerou a Xalum; 41 Xalum xerou a Iecamías; Iecamías xerou a Elixamá. 42 Fillos de Caleb, irmán de Ierahmel: Mesá, o seu primoxénito, que foi pai de Zif e Marexah, pai de Hebrón. 43 Fillos de Hebrón: Córah, Tapúah, Réquem e Xama. 44 Xama xerou a Ráham, pai de Iorqueam; Réquem xerou a Xamai. 45 Fillo de Xamai: Maón, fundador de Bet—Sur. 46 Efah, concubina de Caleb, tivo a Harán, Mosá e Gazez. Harán xerou a Gazez. 47 Fillos de Iahdai: Réquem, Iotam, Guexam, Pélet, Efah e Xáaf. 48 Macah, concubina de Caleb, tivo a Xéber e Tirhanah. 49 Tamén pariu a Xáaf, fundador de Madmanah, e a Xevá, fundador de Macbenah e de Guibá. Filla de Caleb foi Acsah. 50 Estes foron os fillos de Caleb, fillo de Hur, primoxénito de Efratah: Xobal, fundador de Quiriat—Iearim. 51 Salmá, fundador de Belén; Háref, fundador de Bet—Gader. 52 Xobal, fundador de Quiriat—Iearim, foi pai de Haroeh, de xeito que tivo a metade dos menuhitas. 53 As familias de Quiriat—Iearim foron os futieos, os xumateos, e os miraítas. Destas familias saíron os saratitas e os extaolitas. 54 Fillos de Salmá: Belén e os netofateos; Atarot, Bet—Ioab, a metade dos manahteos e os soritas. 55 Familias de escribas que viven en Iabés: os tirateos, os ximateos e os sucateos. Estes eran os quenitas, descendentes de Hamat, pai dos recabitas. |
Dereitos reservados: SEPT
SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)