Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -

1 Corintios 2 - Biblia SEPT


A predicación de Paulo

1 En canto a min, irmáns, cando cheguei onda vós, non cheguei exhibindo elocuencia nin saber para anunciarvos o misterio de Deus.

2 Nada pretendín saber entre vós fóra de Xesús Cristo; e Cristo crucificado.

3 E eu presenteime diante vosa cunha sensación de impotencia e tremendo de medo;

4 e a miña palabra e mais a miña predicación non se apoiaban en argumentos persuasivos e sabios, senón que constituían unha demostración do poder do Espírito:

5 todo para que a vosa fe non se apoie na sabedoría dos homes, senón no poder de Deus.


A sabedoría cristiá

6 E, mesmo así, o que predicamos entre os perfectos é sabedoría, pero non sabedoría deste mundo nin dos xefes perecedoiros deste mundo.

7 Nós predicamos unha sabedoría de Deus, misteriosa, que permanecía gardada, que Deus tiña predestinada desde antes dos séculos para a nosa gloria.

8 Ningún dos xefes príncipes deste mundo a coñeceu; pois se a coñecesen, non crucificaban o Señor da Gloria.

9 Pero como está escrito: O que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home: iso preparou Deus para os que o aman.

10 E a nós revelóunolo Deus polo Espírito; pois o Espírito esculca todo, mesmo as profundidades de Deus,

11 porque que home coñece o que hai no home, se non é o espírito do home que está nel? Pois igual, o que hai en Deus ninguén o coñece, se non é o Espírito de Deus.

12 Ora, nós non recibimos o espírito do mundo, senón o Espírito que procede de Deus, a fin de que coñezamos todo o que Deus nos outorgou pola súa graza.

13 E iso é o que tamén predicamos, non con palabras aprendidas de humana sabedoría, senón con palabras aprendidas do Espírito, explicando con verbas espirituais as realidades espirituais.

14 O home "animal" non acolle o que é propio do Espírito de Deus, pois parécelle unha parvada; nin o pode coñecer, porque disto só se pode xulgar espiritualmente.

15 Pola contra, o home "espiritual" xulga de todo, mentres que a el non o xulga ninguén.

16 Porque quen coñeceu o pensamento do Señor, como para se poñer a darlle leccións? Pero nós temos o Espírito de Cristo.

Lean sinn:



Sanasan