Online Bible

- Advertisements -



This book is not inspired by God and is not part of the Christian canon or the Jewish Tanakh. It is shown only for historical and study purposes. View full explanation

ESTER - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 10 - Biblia SEPT


Gabanza de Mardoqueo

1 O rei Axuero impuxo un tributo ó país e ás illas do mar.

2 Todas as mostras de poderío e de forza e o relato da grandeza de Mardoqueo, coas que o engrandeceu o rei, non é certo que se atopan escritas no libro das crónicas dos reis dos medos e dos persas?

3 Nelas cóntase: —"O xudeu Mardoqueo foi o segundo despois do rei, o meirande dos xudeus, o máis querido da multitude dos irmáns, home sempre dedicado a procurar o ben para o seu pobo e promotor da paz de toda a súa raza".

4 E dixo Mardoqueo: —"Todas estas cousas viñeron de parte de Deus;

5 porque relembrando o soño que tiven tocante a isto, non fallou nin sequera unha delas:

6 nin a fonteliña que se converteu en río e a luz e o sol e a auga abundante. O río é Ester, a quen o rei fixo esposa e raíña.

7 As dúas cobras somos eu e Hamán. 3 Os pobos son os que se xuntaron para destruír o nome dos xudeus.

8 A miña nación é Israel, que clamou a Deus e foi salvada. O Señor salvou ó seu pobo e liberounos de todos estes males; obrou Deus grandes sinais e prodixios coma endexamais non os houbera no resto das nacións.

9 Por iso Deus sinalou dúas sortes, unha para o seu pobo e outra para o resto dos pobos;

10 e estas dúas sortes cumpríronse na hora, no intre e no día determinado na presenza de Deus e de todos os pobos.

11 Entón Deus lembrou ó seu pobo e fíxolle xustiza á súa herdade;

12 para estes, os días catorce e quince do mes de Adar serán días de xuntanza, de ledicia e gozo diante de Deus por xeracións para sempre no seu pobo Israel".


Nota encol da tradución grega do libro

13 No ano cuarto de Tolomeo e Cleopatra, Dositeo, que dicía ser sacerdote e levita, e o seu fillo Tolomeo, trouxeron a presente carta dos Purim, que dixeron ser verdadeira e traduciuna Lisímaco, fillo de Tolomeo, dos de Xerusalén.

Follow us:



Advertisements