Online Bible

- Reklamy -

Salmos 1 - Biblia SEPT


Dous camiños

1 Benaventurado aquel que non se guía polo consello dos malvados, nin se detén no camiño dos pecadores, nin senta na xunta dos burlóns,

2 senón que ten o seu contento na vontade do Señor e nela remoe día e noite.

3 É coma árbore plantada onda os regueiros: dá froito ó seu tempo, as súas follas non murchan, e todo o que fai acaba ben.

4 Non son así os malvados, serán coaño que leva o vento.

5 Abofé non se erguerán os malvados no xuízo nin os pecadores no concello dos xustos,

6 pois do camiño dos xustos coida o Señor, mentres vai á perdición o camiño dos malvados.

Následuj nás:



Reklamy